Currently browsing posts found in Setembro2008
Unha xornada inesperada. Tarde chuviosa que pouco a pouco se foi arranxando. O sol comezou a asomar na punta da Voutra, desde onde temos unha fermosa panorámica de Muxía e da punta da Barca.
Seguinte parada: o coído de Cuño. Nunca baixara até alí, e resulta espectacular ollar eses enormes bolos de granito coa vista do […]
Posted at: Setembro 23rd, 2008 - 3:36 am - Número de Comentarios » 0
Magnífica ruta pola costa de Ferrol. A primeira parada foi no monte Ventoso, cunhas enormes panorámicas de Doniños até o cabo Prior. Ademais puiden aproveitar e fotografar a uns parapentistas que se lanzaban cara á praia.
Baixada até o cabo Prioriño Chico e as obras do porto exterior de Ferrol, con boas vistas da ría.
Seguinte parada: […]
Posted at: Setembro 6th, 2008 - 3:38 pm - Número de Comentarios » 0
Levaba moito tempo intrigado coa imaxe da cámara web da Galega na que saía unha vista da cidade de Pontevedra. Despois de investigar un pouco, gravei o acceso ao monte Tomba no navegador e subín até as antenas. Sen embargo, a espesura do bosque de eucaliptos impide calquera vista máis ou menos limpa, unha pena. A […]
Posted at: Setembro 4th, 2008 - 1:16 am - Número de Comentarios » 0
A ruta do día 2 levoume até a costa da Vela e o cabo Home. A intención primeira era subir ao cume do Facho de Donón, pero quedeime a metade de camiño, porque cos toxos e os meus pantalóns curtos a combinación non era moi agradable. Algunha foto sí que fixen polo camiño.
Xa de volta […]
Posted at: Setembro 3rd, 2008 - 8:16 pm - Número de Comentarios » 0
Poucos días de bo tempo neste verán de 2008. Aínda así, durante o mes houbo algunhas saídas de interese. O “listado” de rutas de agosto é este:
Día 2: Facho de Donón e faros do cabo Home
Día 5: ruta “express” até o monte Tomba e vistas de Pontevedra desde Boavista
Día 9: costa de Ferrolterra: monte Ventoso, porto exterior, cabo […]
Posted at: Setembro 1st, 2008 - 3:49 am - Número de Comentarios » 0


