Currently browsing posts found in Agosto2008
Mentras ía engadindo imaxes do mes de xullo pasado, esquecinme das da ruta do día 15. Foi un día moi especial por motivos persoais (non polo positivo, precisamente), pero que alomenos deixou algunhas boas fotos. Os parques eólicos dos montes de Buxantes amosan unhas imaxes fantásticas do monte Pindo e a enseada de Ézaro.
Xa de […]
Posted at: Agosto 21st, 2008 - 2:54 am - Número de Comentarios » 0
Día 26: Unha rápida escapada até Negreira, para facer unha fotiño desde a ponte sobre o Tambre, na cola do encoro de Barrié de la Maza.
Día 29: Volta pola costa de Carnota e O Pindo, seguindo por Cee e rematando a tarde en Lires. Fixen unhas panorámicas nos miradoiros carnotáns, e din un bo paseo […]
Posted at: Agosto 16th, 2008 - 2:54 am - Número de Comentarios » 0
Día 22: ruta das clásicas, cun inicio novo. De camiño até a costa de Ézaro desvieime até o cume do monte Aro, na percura dunha vista do encoro da Fervenza.
Chegados a Ézaro, unha panorámica desde a ponte onde desemboca o Xallas.
De volta por Carnota, unha imaxe desde a entrada da praia por Maceiras, co Pindo […]
Posted at: Agosto 9th, 2008 - 3:13 am - Número de Comentarios » 0
Día 19: Novamente ruta norteña. Primeira parada no mosteiro de Monfero.
A viaxe continuou en dirección a Pontedeume. Desde o miradoiro de Cabría temos unha magnífica vista da ría e a ponte dos Andrade.
Camiño das emocións fortes, seguiu a ruta até o cabo Ortegal. As vistas dos cantís do Limo e os Aguillóns sempre impresionan.
Subida camiño da […]
Posted at: Agosto 9th, 2008 - 1:23 am - Número de Comentarios » 0
Moitas viaxes fotográficas, como corresponde ao verán. Desde a última entrada, imos por orde cronolóxica.
Día 6: rápida escapada ao miradoiro do Galiñeiro, fronte a Pontecesures. Boa panorámica do curso baixo do Ulla, cos xeradores eólicos do Treito no fondo.
Día 12: subida ao monte Tremuzo (outra vez). Sempre boas imaxes por entre as aspas dos xeradores, coa […]
Posted at: Agosto 7th, 2008 - 4:13 pm - Número de Comentarios » 0


