Currently browsing posts found in Xuño2008
Volta coa viaxe do sábado anterior. A ruta seguiu por Ortigueira e Espasante, para continuar cara á zona do Picón, con fermosas imaxes dos cantís e a praia aló embaixo.
Tamén desde os miradoiros do Picón se podía contemplar ao lonxe a inconfundible silueta do cabo Ortegal, coa luz do solpor tinguindo de calidez as rochas […]
Posted at: Xuño 28th, 2008 - 2:36 am - Número de Comentarios » 0
Por fin chegou o verán a Galicia. Primeira viaxe longa da temporada, cara ás terras do norte da provincia. Tiña moita gaña do miradoiro do monte de Ancos, e a subida non me defraudou para nada. Incrible vista da boca da ría de Ferrol, coa cidade no fondo.
Posted at: Xuño 23rd, 2008 - 3:58 am - Número de Comentarios » 1
A punta Nariga sempre é un lugar de interese. A paisaxe rochosa, as fermosas vistas da costa entre as Sisargas e a punta Roncudo e o precioso faro conforman un conxunto que nunca decepciona.
Posted at: Xuño 23rd, 2008 - 3:52 am - Número de Comentarios » 0
Visita ás terras costeiras da Terra de Bergantiños. A ruta discorreu entre Malpica e a punta Nariga, dous clásicos. No cabo de San Hadrián, fronte ás illas Sisargas, aproveitei a presenza duns “espontáneos” para buscar unha imaxe máis interesante.
Posted at: Xuño 23rd, 2008 - 3:47 am - Número de Comentarios » 0
Unha última foto do mes de maio, a do porto de Pedras Negras coa luz do solpor.
Posted at: Xuño 23rd, 2008 - 3:41 am - Número de Comentarios » 0
Visitando a península do Grove parei na praia Mexilloeira e din un pequeno paseo até a lagoa Bodeira.
Posted at: Xuño 23rd, 2008 - 3:38 am - Número de Comentarios » 0
Na visita ás terras interiores da Terra de Melide aproveitei para botarlle unha ollada á lagoa de Sobrado. Esta é a panorámica.
Posted at: Xuño 23rd, 2008 - 3:33 am - Número de Comentarios » 0
Menudo mes de maio que tivemos, case sen poder ollar o sol máis que en ratiños contados. Foi tempo para aproveitar e visitar algunhas fervenzas. A que máis me impresionou foi a de Brañas, en Toques. Unha caída impresionante, co engadido dun antigo muíño; no inverno, sen as follas das árbores, a imaxe será máis […]
Posted at: Xuño 6th, 2008 - 3:59 am - Número de Comentarios » 0


