Currently browsing posts found in Novembro2007
Época de poucas saídas, a luz do sol dura pouco, fai mal tempo (por fin) e un ten máis preguiza do habitual. Hai uns días subín ao monte Tremuzo, desde O Freixo, xa que levaba tempo sen chegar alí. A paisaxe fermosa coma sempre, cun precioso solpor no horizonte da punta Louro.
Posted at: Novembro 21st, 2007 - 5:18 pm - Número de Comentarios » 0
Está a ser un outono seco e soleado. Despois de varias semanas de non poder saír de excursión fotográfica, puiden aproveitar un par de tardes para achegarme á costa. O sábado pasado deume por subir até o monte Iroite, o cal me permitiu ollar os arranxos nas pistas de terra polos altos do Barbanza. Agora […]
Posted at: Novembro 2nd, 2007 - 4:32 am - Número de Comentarios » 0


