Currently browsing posts found in Maio2007
O sábado pasado fun dar unha voltiña polo Refuxio de Sigüeiro, ás beiras do río Tambre. Un lugar moi fermoso para pasear, con pontellas entre as illiñas que forma o río, xente pescando polas beiras e a boa sombra dos carballos. Gustoume moito unha foto que fixen dunhas pedriñas que estaban baixo a auga, a […]
Posted at: Maio 30th, 2007 - 6:12 pm - Número de Comentarios » 0
Cambios visuais, se entende… Puxen un novo tema, TigerLily, e lle engadín unha imaxe do porto de Malpica para a cabeceira. En fin, seguiremos facendo probas…
Posted at: Maio 29th, 2007 - 10:20 pm - Número de Comentarios » 0
Tantos días sen subir nada e nun par de horas dúas entradas. En fin…
Por casualidade atopei unha utilidade fantástica, do Instituto Cervantes, que fai unha traducción automática entre varios idiomas. En concreto, a traducción do galego ao castelán funciona máis que ben, aínda con algunha errata ben graciosa. Iso de traducir “Cacheiras” por “Cachondas” tenme […]
Posted at: Maio 23rd, 2007 - 3:22 am - Número de Comentarios » 0
Aproveitando o día da Ascensión (festa grande en Santiago, por certo) e, sobre todo, o precioso día de verán que tivemos, din unha volta polas terras da Galicia central. Xa sabedes: Terra de Melide e da Ulloa, máis ou menos. En Melide fixen as fotos típicas (igrexas, cruceiro gótico), e desde aí decidín coller a […]
Posted at: Maio 23rd, 2007 - 12:59 am - Número de Comentarios » 0
Esta foto é do sábado pasado. Despois do verán anticipado, voltou o inverno atrasado, e finalmente quedou unha primavera máis ou menos temperada, como corresponde a esta época en Galicia. Ao que íamos… A foto está feita desde o monte San Lois, no comezo da ría de Muros e Noia, preto de Noia. Agora xa […]
Posted at: Maio 4th, 2007 - 1:30 am - Número de Comentarios » 0


