Currently browsing posts found in Xaneiro2007
Xa hai tempo que non me adentro pola pista que segue desde o miradoiro da Curotiña cara á serra do Barbanza. Teño machacado ben o coche polas pistas de terra do parque eólico, hoxe en día o pensaría algo máis á hora de meterme por algún lugar destes. A foto é de hai cinco anos, foi […]
Posted at: Xaneiro 22nd, 2007 - 6:46 pm - Número de Comentarios » 1
Un lugar pouco promocionado nas guías, a pesares de se atopar nunha zona moi accesible, é a fervenza do río Barosa, no límite dos concellos de Caldas de Reis e Barro, a poucos metros da estrada xeral. Ben axeitada, con pontellas de madeira, árbores, fontes e grellas, e até un bar. Mais, por riba de […]
Posted at: Xaneiro 15th, 2007 - 5:10 pm - Número de Comentarios » 0
Mentras estou estes días por Barcelona, non vai mal facer lembranza de viaxes pretéritas. Unha tarde de mediados de xaneiro de hai cinco anos puiden contemplar un dos máis espectaculares solpores que podo lembrar. Foi no faro da punta Nariga, que xa de por si é un dos meus lugares preferidos. Subindo á segunda plataforma do […]
Posted at: Xaneiro 12th, 2007 - 9:39 pm - Número de Comentarios » 0
Unha das imaxes que por máis veces que a vexa sempre me deixa abraiado é a da lúa saíndo polo horizonte. O pasado martes, mentras andaba por terras de Trazo, presentouse a oportunidade chegando á aldea de Breixo.
Noite de Reis… o meu regalo xa o tiven hai un ratiño… o mellor regalo que podía imaxinar…
Posted at: Xaneiro 6th, 2007 - 2:09 am - Número de Comentarios » 0
Acabo de instalar na web unha utilidade de álbum de fotos, para poder mirar as fotos que vou poñendo no blog de xeito máis “visual”, a tamaño real e cos datos técnicos. Xa podes acceder a este ÁLBUM de FDG Blog, a ver se lle melloro un pouco o aspecto visual…
Posted at: Xaneiro 5th, 2007 - 3:29 am - Número de Comentarios » 1
A estas alturas e non tiña fotos do concello de Trazo… Paisaxes rurais, prados moi verdes, vacas pacendo, árbores, aldeas dispersas, algunha capeliña, ríos… Comecei a rota na praia fluvial de Chaián, a carón do río Tambre. Lembranzas dos anos mozos, nos anos 70 esa era a verdadeira “praia de Santiago”. Despois, unha voltiña polas aldeas, […]
Posted at: Xaneiro 4th, 2007 - 3:06 am - Número de Comentarios » 0
Desde que saiu a famosa película, hai moita xente que se achega no verán a coñecer “a praia de Ramón Sampedro”, ou como sempre a coñecimos, a praia das Furnas, en Xuño. Hoxe andei por alí co meu pai, aproveitando un pouco do sol que asomou tímidamente. As ondas, coma sempre, impresionantes.
Posted at: Xaneiro 1st, 2007 - 8:03 pm - Número de Comentarios » 0
Antes de ir para a cama, que xa son horas, deixo aquí unha foto de comezo de decembro. Trátase da Lagoa Sacra de Olives, na zona máis montañosa do concello da Estrada, a máis de 600 metros de altitude. Era case ao solpor, un frío tremendo, mais mereceu a pena.
Xa teño gañas de comezar a […]
Posted at: Xaneiro 1st, 2007 - 4:44 am - Número de Comentarios » 0


