Magnífica ruta pola costa de Ferrol. A primeira parada foi no monte Ventoso, cunhas enormes panorámicas de Doniños até o cabo Prior. Ademais puiden aproveitar e fotografar a uns parapentistas que se lanzaban cara á praia.
Baixada até o cabo Prioriño Chico e as obras do porto exterior de Ferrol, con boas vistas da ría.
Seguinte parada: punta Penencia, enriba da praia de Doniños.
En Doniños, os típicos surfistas.
Saíndo da punta Penencia, unha panorámica da lagoa de Doniños.
Continuando a ruta, chegada ao cabo Prior. Paseo polas antigas instalacións militares e boas imaxes do faro e das rochas do cabo.
A xente baixaba polas empinadas escadas até as rochas máis ao norte do cabo.
As últimas fotos foron para unha panorámica da enorme praia de San Xurxo, xa ao solpor.
Seguinte reto: a costa entre Prior e Valdoviño, con sorte antes de que remate o verán.
Levaba moito tempo intrigado coa imaxe da cámara web da Galega na que saía unha vista da cidade de Pontevedra. Despois de investigar un pouco, gravei o acceso ao monte Tomba no navegador e subín até as antenas. Sen embargo, a espesura do bosque de eucaliptos impide calquera vista máis ou menos limpa, unha pena. A cambio, seguindo pola zona sí se atopa unha boa panorámica de Pontevedra desde as urbanizacións de Boavista, xa camiño de Poio.

A ruta do día 2 levoume até a costa da Vela e o cabo Home. A intención primeira era subir ao cume do Facho de Donón, pero quedeime a metade de camiño, porque cos toxos e os meus pantalóns curtos a combinación non era moi agradable. Algunha foto sí que fixen polo camiño.


Faro de Punta Robaleira:



Poucos días de bo tempo neste verán de 2008. Aínda así, durante o mes houbo algunhas saídas de interese. O “listado” de rutas de agosto é este:
- Día 2: Facho de Donón e faros do cabo Home
- Día 5: ruta “express” até o monte Tomba e vistas de Pontevedra desde Boavista
- Día 9: costa de Ferrolterra: monte Ventoso, porto exterior, cabo Prioriño, praia de Doniños, cabo Prior e praia de San Xurxo
- Día 14: punta da Voutra, coído de Cuño e cabo Touriñán
- Día 17: castro de Castrolandín, en Cuntis
- Día 23: Illa de Arousa, faro e praia de Espiñeiro
- Día 24: rápido paseo no solpor até o monte da Rocha e o novo parque eólico
- Día 31: ruta de petroglifos por Campo Lameiro
En vindeiras entradas irei subindo o material destas que levo no mes…
Mentras ía engadindo imaxes do mes de xullo pasado, esquecinme das da ruta do día 15. Foi un día moi especial por motivos persoais (non polo positivo, precisamente), pero que alomenos deixou algunhas boas fotos. Os parques eólicos dos montes de Buxantes amosan unhas imaxes fantásticas do monte Pindo e a enseada de Ézaro.


Día 26: Unha rápida escapada até Negreira, para facer unha fotiño desde a ponte sobre o Tambre, na cola do encoro de Barrié de la Maza.



Día 22: ruta das clásicas, cun inicio novo. De camiño até a costa de Ézaro desvieime até o cume do monte Aro, na percura dunha vista do encoro da Fervenza.

Chegados a Ézaro, unha panorámica desde a ponte onde desemboca o Xallas.
De volta por Carnota, unha imaxe desde a entrada da praia por Maceiras, co Pindo no fondo.

Día 19: Novamente ruta norteña. Primeira parada no mosteiro de Monfero.

A viaxe continuou en dirección a Pontedeume. Desde o miradoiro de Cabría temos unha magnífica vista da ría e a ponte dos Andrade.
Camiño das emocións fortes, seguiu a ruta até o cabo Ortegal. As vistas dos cantís do Limo e os Aguillóns sempre impresionan.

Subida camiño da serra da Capelada, mágoa que había moita néboa. Pasada a Garita de Herbeira, nos miradoiros do Cuturelo e do Chan dos Carrís xa se puideron obter boas imaxes.

Final de ruta na punta Candieira, con esa baixada tan revirada e espectacular até o faro.

Por certo, que a partires de agora, as fotos panorámicas van editadas a maior tamaño, con 600 pixels de alto. Coma sempre, as panos podedes velas a tamaño grande premendo na imaxe.
Moitas viaxes fotográficas, como corresponde ao verán. Desde a última entrada, imos por orde cronolóxica.
Día 6: rápida escapada ao miradoiro do Galiñeiro, fronte a Pontecesures. Boa panorámica do curso baixo do Ulla, cos xeradores eólicos do Treito no fondo.

Día 12: subida ao monte Tremuzo (outra vez). Sempre boas imaxes por entre as aspas dos xeradores, coa ría de Muros-Noia e o Iroite fronte a nós.

A ruta norteña seguiu cara á fermosa praia de Mazorgán, outra descoñecida para min até agora.
Desde Mazorgán podíase ver a Garita da Vela de Espasante, e desde a Garita da Vela pódese ver esta vila mariñeira, co porto e a praia da Cuncha.
Xa de novo na ría de Ortigueira, metinme polas casas de Ladrido até o seu pequeno portiño. Unha boa vista do fondo da ría coa marea baixa.
Despois de preguntar a un paisano, este faloume dunha pista que ía pegada á costa con boas vistas da illa de San Vicente e a saída da ría.
Xa caía a noitiña e a visita ao cabo Ortegal houbo que pospoñela para outra ocasión. Aínda así, a tarde foi completiña…
















