Moitas viaxes fotográficas, como corresponde ao verán. Desde a última entrada, imos por orde cronolóxica.
Día 6: rápida escapada ao miradoiro do Galiñeiro, fronte a Pontecesures. Boa panorámica do curso baixo do Ulla, cos xeradores eólicos do Treito no fondo.

Día 12: subida ao monte Tremuzo (outra vez). Sempre boas imaxes por entre as aspas dos xeradores, coa ría de Muros-Noia e o Iroite fronte a nós.

A ruta norteña seguiu cara á fermosa praia de Mazorgán, outra descoñecida para min até agora.
Desde Mazorgán podíase ver a Garita da Vela de Espasante, e desde a Garita da Vela pódese ver esta vila mariñeira, co porto e a praia da Cuncha.
Xa de novo na ría de Ortigueira, metinme polas casas de Ladrido até o seu pequeno portiño. Unha boa vista do fondo da ría coa marea baixa.
Despois de preguntar a un paisano, este faloume dunha pista que ía pegada á costa con boas vistas da illa de San Vicente e a saída da ría.
Xa caía a noitiña e a visita ao cabo Ortegal houbo que pospoñela para outra ocasión. Aínda así, a tarde foi completiña…
Outra tarde de sábado intensiva pola costa norte da provincia. Fixen o camiño de ida polo interior (Teixeiro-As Pontes-O Barqueiro), así que aproveitei para facer unha primeira parada no cume do monte Caxado, en plena serra da Faladoira.


Volta coa viaxe do sábado anterior. A ruta seguiu por Ortigueira e Espasante, para continuar cara á zona do Picón, con fermosas imaxes dos cantís e a praia aló embaixo.
Tamén desde os miradoiros do Picón se podía contemplar ao lonxe a inconfundible silueta do cabo Ortegal, coa luz do solpor tinguindo de calidez as rochas dos Aguillóns.
Por fin chegou o verán a Galicia. Primeira viaxe longa da temporada, cara ás terras do norte da provincia. Tiña moita gaña do miradoiro do monte de Ancos, e a subida non me defraudou para nada. Incrible vista da boca da ría de Ferrol, coa cidade no fondo.
A punta Nariga sempre é un lugar de interese. A paisaxe rochosa, as fermosas vistas da costa entre as Sisargas e a punta Roncudo e o precioso faro conforman un conxunto que nunca decepciona.
Visita ás terras costeiras da Terra de Bergantiños. A ruta discorreu entre Malpica e a punta Nariga, dous clásicos. No cabo de San Hadrián, fronte ás illas Sisargas, aproveitei a presenza duns “espontáneos” para buscar unha imaxe máis interesante.

Visitando a península do Grove parei na praia Mexilloeira e din un pequeno paseo até a lagoa Bodeira.
Na visita ás terras interiores da Terra de Melide aproveitei para botarlle unha ollada á lagoa de Sobrado. Esta é a panorámica.












